EJERCICIO 2.
Un equipo de fútbol profesional
vende en su tienda oficial camisetas grabadas con el nombre de sus jugadores a
un precio de 45 euros la unidad. La empresa proveedora le cobra 4€ por camiseta
y 1€ por el grabado de cada una de ellas. Los costes fijos que corresponden a
este producto son 120.000 € al año. Se pide:
1.- Calcular el punto muerto e
interpretar el resultado obtenido. (1 pto.)
2.- Representar gráficamente la
situación anterior. (1 pto.)
3.- Calcular el resultado
derivado de la venta de camisetas si a lo largo del año se venden 10.000
unidades. (0,5 ptos.)
EJERCICIO 3.
A empresa BIKE S.A, dedicada á
fabricación de bicicletas, fabricou e vendeu durante o pasado ano 200.000 bicicletas.
Os seus ingresos totais obtidos pola venda das bicicletas para ese período
ascenderon a 42.000.000 euros. Os custos fixos do exercicio foron de 6.300.000
euros e os custos variables totais de 28.000.000 euros. Supoñendo que todas as
unidades se venderon ao mesmo prezo, pídese:
1.- Determinar o punto morto ou
limiar de rendibilidade da empresa. (1 pto.)
2.- Representar graficamente a
solución do apartado anterior. (1 pto).
3.- Comentar o significado dos
resultados obtidos (0,5 ptos.)
EJERCICIO 4.
Un empresario ten a intención de
iniciar a comercialización dun novo produto. Estima que para producilo, incorrería
nuns custos fixos de 45.000 euros e nun custo variable por unidade de produto
de 30 euros. Segundo os estudos de mercado que realizou, estima que pode vender
cada unidade de produto a 55 euros.
Pídese:
1.- Calcular o volume de
produción para o que se alcanzaría o punto morto e interpretar o resultado. (1 pto.)
2.- Representar graficamente a
situación anterior. (1 pto.)
3.- Se vendese 1.500 unidades, a
que prezo debería venderse cada unidade para alcanzar o punto morto co devandito
nivel de produción? (0,5 ptos.)
EJERCICIO 5.
Unha empresa que fabrica
teléfonos móbiles soporta uns custos fixos de 50.000 euros e un custo variable unitario
de 75 euros. O prezo de venda de cada teléfono móbil é de 100 euros.
Pídese:
1.- Determinar o punto morto e
interpretar o significado do resultado obtido. (1 pto.)
2.- Representar graficamente a
situación anterior. (1 pto.)
3.- Se a empresa se vira obrigada
a reducir o prezo dos teléfonos un 10 % debido á competencia, ¿como se vería
afectado o seu limiar de rendibilidade? Razoa a resposta. (0,5 ptos.)
EJERCICIO 6.
Unha empresa que fabrica
ordenadores portátiles soporta uns custos fixos de 2.000.000 euros e un custo
variable unitario de 400 euros. O prezo de venda de cada ordenador portátil é
de 900 euros.
Pídese:
1.- Que cantidade de ordenadores
portátiles tería que producir esta empresa para cubrir os seus custos totais? Que
nome recibe a cantidade obtida? (1 pto.)
2.- Representar graficamente a
solución ao apartado anterior. (1 pto.)
3.- Comenta a validez da seguinte
afirmación: "Se a empresa se vise obrigada a reducir o prezo dos
ordenadores portátiles a 650 euros tería que duplicar a produción para non
incorrer en perdas". (0,5 ptos.)